Cando o refugallo se converte en arte dá lugar a pezas como as que se poden ver na exposición de pintura e escultura do catalán Joaquín Riera “Recuperart, arte reciclado”.
Tornillos, borra de café, rodas, chaves, cadeiras, pechaduras, martelos, clavos,…. conforman a obra deste artista que pode verse ata fin de mes no Salon Noble do Castelo de Castro Caldelas.
A inauguración, que contou coa presenza da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, e do propio artista, tiña lugar na tarde do venres 4 de agosto.
Fotos cedidas.