CulturaCulturaÚltima hora

Reedítase o libro “Trives, historia dunha institución docente” do trivés Pablo Pérez

O libro, reeditado pola Deputación de Ourense, recolle a historia do colexio Santa Leonor de Trives

A Deputación de Ourense vén de reeditar o libro “Trives, historia dunha institución docente (De ‘Santa Leonor a ‘Virgen de la Luz’)”, do autor xa falecido Pablo Pérez Fernández, natural de Vilanova (Trives), dentro do plan anual de traballo de 2022 aprobado polo Consello Asesor de Publicacións.

O libro, publicado pola Deputación en 2009, recolle a historia do Colexio Santo Leonor de Trives con motivo do centenario do centro educativo, fundado en 1908 polos irmáns La Salle. O autor nútrese nas máis de 200 páxinas do volume das actas do colexio ou a propia asociación de antigos alumnos do Santa Leonor.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse co asesor de Cultura, Aurelio Gómez Villar, para valorar unha reedición que é “unha nova aposta da editorial máis importante de Ourense. É un verdadeiro orgullo contar coa imprenta provincial, cunha importantísima tradición e que, apoiada no plan de publicacións, promove a realización de traballos e investigacións para reivindicar a identidade ourensá, como é o caso de ‘Trives, historia dunha institución docente”.

Artigos relacionados

Back to top button