CulturaCulturaÚltima hora

A reforma protestante, analizada nun ciclo de conferencias no Casino do Barco

Terán lugar os días 23 e 24 de novembro e nelas contarase cos investigadores Isidro García Tato e Adolfo Iglesias
O investigador valdeorrés Isidro García Tato será un dos ponentes deste ciclo sobre a reforma./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coincidindo coa conmemoración do quinto centenario da reforma protestante neste ano 2017 a Asociación Casino do Barco organizará un ciclo de conferencias sobre esta temática, segundo adianta o seu presidente, Julio Crespo.

Están programadas para os días 23 e 24 de novembro ás 20h. na segunda planta do Casino barquense. A primeira das ponencias correrá a cargo do teólogo Adolfo Rodríguez Iglesias, licenciado en Teoloxía dogmática pola Universidade Gregoriana de Roma. A súa intervención, prevista para o día 23, levará por título “Doctrina de Lutero (Los cinco solos)”

Ademais o 24 de novembro o investigador valdeorrés e doutor en Teoloxía Isidro García Tato, abordará a “evolución da reforma dende o século XVI”. En ambas conferencia a entrada é libre. Os promotores desta iniciativa cultural destacan que este é un dos escasos actos que se celebrarán en Galicia con motivo dos 500 anos da reforma.

Máis información:
https://osil.info/adolfo-rodriguez-abre-ciclo-reforma-protestante-no-casino-barco/

Artigos relacionados

Back to top button