OurenseÚltima hora

Regresa a competición á Piscina Rosario Dueñas de Ourense

O nadador do CNPO, Iván Vázquez, vencía nas probas de velocidade de crol na primeira xornada da Copa Deputación 2021

 

Tralo aprazamento dos campionatos autonómicos debido ás restricións das últimas semanas, na xornada deste sábado 6 de marzo regresaba a competición á Piscina Rosario Dueñas (Ourense), cunha dobre cita oficial: a liga galega de natación e a Copa Deputación 2021.

Ao longo da mañá celebráronse as ligas de idades das categorías promesas, benxamín e alevín que completaron a terceira xornada na que os membros do Club Natación Pabellón Ourense ocupan postos altos na táboa galega. Ademais, a nivel individual “os pabellonistas engrosaron en moitos casos a súa conta particular de marcas mínimas para cando se poida celebrar o campionato galego, que previsiblemente será o vindeiro mes de xullo”, adiantan dende o CNPO cuxos adestradores están satisfeitos, máis aló das marcas, probas e obxectivos, co regreso á rutina de adestramentos e competición onde os nenos e nenas “mostraron un bo nivel, reflectíndose o bo facer destas semanas nas que adestraron nos seus fogares, fóra do seu medio e mediante videochamadas”.

 

 

Pola tarde, celebrábase a primeira xornada de Copa Deputación que rematá antes do mes de xuño. Malia que o aforo de participantes era reducido, os mozos e mozas do CNPO tiñan ganas de probarse con diferentes obxectivos. “Uns que estiveron na casa adestrando o xusto para manter a forma para volver á auga, outros como membros da sección de tríatlon do club onde teñen as miras postas no campiontato de España de equipos e outros miraban de esguello o nacional infantil que se celebraba simultaneamente en Málaga ou os que terán lugar en varias semanas”, explican dende o club ourensán.

Nesta competición o resultado máis destacable foi a dobre vitoria de Iván Vázquez nas probas de velocidade de crol. “Clara dominadora tamén foi na braza feminina Alba de la Fuente con triunfo no hectómetro e nos 200 metros onde ademais batía o récord provincial de 15 anos vixente desde o ano 2008”, explican dende o club, engadindo que ambos nadadores infantís non puideron estar esta fin de semana no nacional onde debido ás restricións do Covid-19, só accedían os 12 mellores cronos de tobo o ámbito nacional, “pero cos rexistros realizados esta fin de semana xa se sitúan entre os mellores para verán”, aseguran.

Por outra banda, David González e Eva Feijoo probaron o seu nivel de cara ao nacional do vindeiro mes, de onde sairá a lista para os Xogos Olímpicos e na que estarán “se acceden por clasificación reducida a dez por proba”.

Artigos relacionados

Back to top button