ConcellosÚltima hora

Remata a primeira etapa da Xornada Mundial da Xuventude 2023, con mozos de Valdeorras e Viana

A segunda etapa, xa en Portugal, comezará mañá e estenderase ata o 6 de agosto

 

Baixo o lema “María levantouse e partiu sen demora”, lembrando a pasaxe na que María, ao decatarse do embarazo da súa curmá Isabel na ancianidade vais deprisa a vela e axudarlle na súa situación, se desenvolve neste 2023 a Xornada Mundial da Xuventude, “un gran encontro de mozos católicos que o Papa convoca cada tres anos e que nesta ocasión terá lugar en Lisboa”, di Luis Fernández Olivares, delegado Episcopal de Pastoral Xuvenil e profesor no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa.

 

 

Unha edición na que a Diócese de Astorga participa coa Subcomisión de Infancia e Mocidade da Conferencia Episcopal Española na que están rexistrados máis de 75.000 mozos españois de distintas Dióceses, Congregacións e Movementos. “Desde a nosa Diócese viaxaremos un total de 50 peregrinos, varios deles da zona galega, en concreto do Barco de Valdeorras, A Rúa e Viana do Bolo”, indica Luis.

 

 

O itinerario ten dúas etapas: días na diócese cun gran número de actividades espirituais, festivas e culturais; e a xornada en si. A primeira comezaba o 26 de xullo e remataba neste luns día 31, en Estoril, para participar nun encontro de todos os españois no Estoril Garden comezando así a aventura da XMX que se estenderá do 1 ao 6 de agosto. “Os actos centrais desenvolveranse en Lisboa e nós residiremos na cidade de Estoril e participaremos en todos os actos centrais co Papa Francisco, ademais doutras actividades”, explica Luis.

 

Artigos relacionados

Back to top button