Veñen de rematar as obras nas rotondas de acceso á Rúa. Así os condutores que accedan á vila poderán nelas un letreiros de grandes dimensión co nome “A Rúa” e que teñen iluminación nocturna.
“Aparte de mellorar significativamente a estética do acceso ao noso pobo, queda de manifesto o nome do municipio ao que se accede”, segundo sinala o Concello da Rúa, matizando ademais que isto “suporá un custo menor de mantemento, evitando labores de desbroce, e unha mellora da seguridade, posto que non suporán un obstáculo e serán practicables cando sexa necesario para transportes especiais e de gran volume”.
Fotos: Carlos G. Hervella.
