No día de onte, 15 de xullo, tiña lugar a clausura da vixésimo quinta edición da Mostra de Teatro Universitario de Ourense (Miteu).

Esta clausura emprazábase no Teatro Principal, co monólogo de Mónica Sueiro, e na Aula de Teatro Universitaria de Ourense, coa función “Imperator” a cargo de Mariacastaña.
“Organizamos 17 representacións, unha charla sobre teatro africano e as animacións de rúa, os espazos do Principal, a Praza da Biblioteca Nova e o Mur Marxinal, congregaron unha media ao redor dos 200 espectadores, algo que soñabamos cando comezamos esta edición. Foi a primeira mostra teatral no país trala pandemia”, explicaban dende a organización.