CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Remata en Viloira (O Barco) a ‘Valdeorras Perullo Cup 2022’

35 equipos participaron nesta edición do torneo de fútbol 7 organizado polo CD Barco

 

Tras cinco días de competición e 35 equipos inscritos de Valdeorras, O Bierzo e Ourense, na tarde deste domingo 19 de xuño remataba a ‘Valdeorras Perullo Cup 2022’, o torneo de fútbol 7 para as categorías inferiores (dende prebenxamín ata xuvenil) organizado polo Centro de Deportes Barco en colaboración co Concello, que se desenvolveu entre o 15 e 19 deste mes.

Como en cada edición foi moito o público que se achegou ata o Campiño de Viloira, no Barco de Valdeorras, para desfrutar do fútbol e animar aos xogadores, creando un gran ambiente dentro e fóra do céspede.

 

Infantís, alevíns e benxamíns do CD Rúa./ foto cedida.

 

Con respecto aos resultados, na categoría prebenxamín os gañadores foron os cativos do CD Rúa que vencían na final aos do Barco (1-3); en benxamín, eran tamén os do CD Rúa os que levaban a copa de campións tras vencer na final ao Barco por un contundente 8-0. O CD Rúa lograba o triplete ao vencer tamén en alevín, superando na final (a penaltis) á SD Ponferrada. En infantil os gañadores eran os do A.J. Lérez que vencían 5-2 ao Rúa; en cadete vencían os do Barco superando na final ao C.D. Córgomo (1-5); e en xuvenil, saían vitoriosos os rapaces do CD Córgomo ao impoñerse na final aos do Puente.

 

CD Córgomo, campión xuvenil do torneo./ Foto cedida.

 

Conforme se ían celebrando as finais íanse entregando os trofeos por parte do concelleiro de Deportes do Barco, Aurentino Alonso e polo presidente do Centro de Deportes Barco, Daniel Ramos, así como por outros membros das directiva do CD Barco.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto as cinco últimas da galería que son cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button