DeportesKárateÚltima hora

Representación barquense no Campionato de España Infantil de Karate

Os representantes do River Stone no nacional infantil de karate./ Foto cedida.

 

Unha semana despois de facer un bo papel en casa na Xornada 3 da Liga Galega de Karate, onde sumaban22 medallas, o KC River Stone do Barco participaba no Campionato de España Infantil de Karate celebrado en Cáceres.

Cloe Yáñez competía en xuvenil feminino, Brian Rodríguez en xuvenil masculino, Nazan Barreda en infantil masculino e Manuel Blanco en alevín masculino. Todos eles participaron na modalidade de kata e malia que desta volta ningún conseguía facer podio “realizaban unha moi boa actuación da que estamos moi orgullosos”, aseguran dende o club.

 

Artigos relacionados

Back to top button