CarballedaConcellosÚltima hora

Rescatada unha persoa na Medua (Carballeda de Valdeorras), tras caer nunha zona de difícil acceso

 

Arredor das sete e media da mañá deste sábado o 112 Galicia era alertado, a través da chamada dos profesionais de Urxencias Sanitarias Galicia-061 de que unha persoa necesitaba axuda tras sufrir unha caída nunha zona de difícil acceso no municipio de Carballeda de Valdeorras.

“Durante a comunicación co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, os sanitarios solicitaban axuda para trasladar a unha persoa que se atopaba no lugar da Medua, na parroquia de San Xusto, e que caera nunha zona á que non se podía acceder con facilidade. Con esa información, os xestores do 112 Galicia mobilizaron aos Bombeiros e ao GES de Valdeorras”, tal e como se informa dende o 112 Galicia.

Xa no lugar, os equipos de emerxencia tiveron que abrir paso entre a maleza para poder chegar ata o punto no que se atopaba o ferido. Finalmente, fixeron uso dunha padiola para trasladalo ata a ambulancia. Deste operativo tamén formaban parte axentes da Garda Civil.

Artigos relacionados

Back to top button