Unha vez máis cumpríanse as previsións meteorolóxicas e na tarde deste mércores 26 de xuño a tormenta descargaba con forza en puntos da comarca de Valdeorras como Casaio.
Nesta localidade do concello de Carballeda de Valdeorras, a forte treboada de auga caía en torno ás seis e cuarto e viña acompañada de abundante pedra tal como pode verse nestes vídeos e imaxes cedidas por un veciño.
Vídeos da sarabiada en Casaio:
https://youtube.com/shorts/Abzvl31hMjk?feature=share
https://youtube.com/shorts/4tByWVyP4ZU?feature=share