
Os equipos de emerxencias rescataban esta mañá ao condutor dun vehículo, que quedaba atrapado no seu interior tras sufrir un accidente As Meiroás, no municipio de Esgos. “Segundo explicaron os recursos de emerxencias, o señor levaba desde as oito da mañá atrapado dentro do vehículo ata que alguén o atopou pouco despois das nove desta mañá. Desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos efectivos do GES de Maceda e dos Bombeiros de San Cibrao unha vez que se recibiu a alerta a través dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061”, tal e como indica o 112 Galicia.
O vehículo estaba envorcado e dentro o condutor, que esperaba a ser recatado pois era imposible saír do coche. De feito, os equipos de emerxencias tiveron que sacalo pola parte traseira. Con todo, esta persoa estaba consciente e foi trasladada ao centro hospitalario de referencia, segundo os datos do 112 Galicia.