Moi completa se presenta a xornada deste mércores 7 de agosto na Rúa. Despois da feira do ano remata co festival “Camiñantes e Cantantes” na praza da Estación a partir das 21:30h. O espectáculo vén da man de Turismo de Galicia e terá a participación dos monologuistas Pepo Suevos e Manuel Manquiña acompañados da música de Pili Pampín e La Oca Band.
Precisamente con motivo da instalación do palco para este evento “fica restrinxido o tráfico na praza da Estación do tren a partir das 18h.”, adiantan dende o Concello, indicando que os cortes realizaranse á altura da rúa Doutor Vila con Silveira, Benito Fernández e Curros Enríquez.




