OurenseÚltima hora

Retencións que chegan ata A Mezquita tras o incendio dun camión na A-52 en Zamora

Imaxe do lugar no que se atopa o camión incendiado./ Foto: DXT.

 

O 112 Galicia ten colaborado no abastecemento das persoas afectadas polas retencións causadas por un incendio dun camión que circulaba pola A-52, no Padornelo (Zamora). Tras a petición dos axentes da Garda Civil de Tráfico, desde o 112 Galicia, coordinouse o abastecemento das persoas afectadas mediante a agrupación de Protección Civil da Mezquita e o propio Concello, segundo informa o 112 Galicia.

As retencións estanse a producir na A-52 e na N-525 en sentido saída de Galicia pola provincia de Ourense debido ao incendio do camión en Zamora. A estrada cortábase en ambas direccións dende o PK. 107 ao 117 na Vilavella (Ourense), segundo a información da Dirección Xeral de Tráfico.

Con fin de abastacer ás persoas que permanecen retidas, desde o 112 Galicia organizouse cos voluntarios de Protección Civil da Mezquita e coas autoridades municipais unha intervención de axuda, mentres en Zamora fan fronte á extinción do incendio nun camión, seguindo a información facilitada polo 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button