CarballedaConcellosÚltima horaVídeos

Retiro de meditación en Fonte da Cova (Trevinca), “O Tíbet galego”

 

No Hotel Peña Trevinca, en Fonte da Cova, rodeado de neve e a máis de 1.800 metros de altitude, se celebraba esta fin de semana un retiro de meditación ao que asistían unhas 40 persoas.

Tal como explica Ana Barredo dende a organización, trátase dun curso para aprender técnicas de meditación que nos axuden “a lidiar co día a día”, para o que contaron con dous profesores sénior. Un deles, Fernando Picazo, explica que o que conseguen estas técnicas de meditación “é levarnos a un punto de quietude, de tranquilidade dentro dun mesmo”, especialmente necesario nestes anos no que recibimos tanta  información.

 

Un momento do curso de meditación.
Os profesores e a organizadora do retiro.

 

“Son técnicas sinxelas pero que necesitan de certo asesoramento e seguemento e por iso nos reunimos neste lugar tan fantástico onde un se sinte como máis lixeiro e despexado”, asegura o profesor destacando o fermoso e tranquilo entorno ao que chamou o “Tíbet galego”.

O Retiro de Meditación comezaba o sábado 25 de febreiro a primeira hora e remataba na tarde deste domingo día 26, tralo xantar. Foi organizado pola Fundación IFSU, coa que se pode contactar a través da páxina web meditaresfacil.com e tamén no teléfono 606 253 140, no Barco de Valdeorras.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button