CD BarcoDeportesFútbolÚltima hora

Retrásase o inicio do partido entre CD Barco e CD Valladares por unha emerxencia sanitaria

 

Unha emerxencia sanitaria allea ao campo de fútbol obrigaba a retrasar o inicio do partido entre o CD Barco e o CD Valladares previsto para as cinco da tarde deste domingo 12 de novembro.

Era o primeiro partido para o novo adestrador do CD Barco, Lino Estévez, e nada máis saír ao terreo de xogo para dar inicio ao encontro, o aviso da aterraxe do helicóptero do 061 no campo obrigaba aos xogadores a saír tendo que esperar a que os sanitarios recolleran á persoa que debía ser trasladada con urxencia dende o HPV.

Finalmente o partido comezaba en torno ás 17:40 horas.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button