ConcellosÚltima hora

Reunión do alcalde barquense e presidente da Fegamp con Baltar

Alfredo García pedía o apoio da institución provincial para a proposta de que o poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán sexa homenaxeado nas Letras Galegas

 

O alcalde do Barco e presidente da Fegamp, Alfredo García, co presidente da Deputación de Ourense.

No Pazo Provincial recibía na mañá do 23 de xaneiro o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, ao alcalde do Barco e presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García.

No decurso da reunión abordaban cuestións relativas á á cooperación entre a institución provincial e os concellos da provincia. Tamén trataban a proposta cultural realizada por Alfredo García, quen solicitou o apoio da Deputación de Ourense para que a figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán sexa homenaxeada na festividade das Letras Galegas.

Neste senso, Alfredo García plantexaba a necesidade de realizar un traballo no que participen concellos de Valdeorras, abranguendo os ámbitos social, cultural e empresarial.

Manuel Baltar e Alfredo García tamén analizaban no marco da Fegamp, de aspectos relacionados co financiamento da administración local.

Artigos relacionados

Back to top button