DeportesÚltima hora

Reunión anual do Comité Galego de Pesca Fluvial

A tempada para a troita mantense do 15 de marzo ao 31 de xullo, menos nas masas de auga salmoneiras e de montaña, onde comezará o 1 de maio
Pescador no río Sil ao seu paso polo Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Pescador no río Sil ao seu paso polo Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, presidíu na mañá do 11 de novembro, a reunión anual ordinaria do Comité Galego de Pesca Fluvial, na que participaron representantes dos sectores implicados na pesca continental na comunidade galega.

Na reunión analizáronse as propostas a ter en conta na normativa que regulará os períodos hábiles de pesca para a vindeira tempada e abordáronse o establecemento das respectivas determinacións para cada especie. Así, no tocante ao salmón, o período xeral abranguerá do 1 de maio ao 31 de xullo, mantendo uns períodos específicos nos coutos compartidos con Asturias así como nos ríos Ulla e Lérez, nos que a tempada se estenderá ata o 31 de setembro na modalidade de pesca sen morte, tal como informan dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Con respecto ás cotas de captura serán similares ás da pasada tempada nas provincias da Coruña, Lugo e Ourense. Concretamente, no río Mandeo (A Coruña), 5 exemplares; nos ríos Masma e Salmeán (Lugo), a cota é de 15 e 10 exemplares respectivamente; e, no río Miño (Ourense), de 8 exemplares.

Reunión do Comité Galego de Pesca Ffluvial.
Reunión do Comité Galego de Pesca Ffluvial.

En relación á especie con maior número de afeccionados, a troita, a tempada mantense nas mesmas datas que ata o de agora, do 15 de marzo ata o 31 de xullo, coas excepcións das masas de auga salmoneiras e as masas de auga de montaña, nas que a tempada comezará o 1 de maio. Por outra banda, nos coutos de pesca intensiva e nos tramos de pesca sen morte, a tempada prolóngase ata o 30 de setembro; nos coutos con convenio a tempada prolóngase ata esta mesma data na modalidade de pesca sen morte.

Na xuntanza tamén se trataron as xornadas hábiles e tratáronse distintas propostas dos comités provinciais, tales coma a equiparación das augas de reo coas salmoneiras, ou o establecemento dunha talla e cota específica para ciprínidos.

Artigos relacionados

Back to top button