ConcellosOurenseSen categorizar

Reunión da Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os incendios forestais

Abordouse, entre outras cuestións, o deseño de actuacións conxuntas para previr os lumes
O subdelegado do Goberno en Ourense, intervindo durante a reunión.
O subdelegado do Goberno en Ourense, intervindo durante a reunión.

Coincidindo co comezo da campaña de verán, a Comisión Provincial de Coordinación Policial de Loita contra os incendios forestais reuníase na mañá do 7 de xullo en Ourense. No encontro abordábase o deseño de actuacións conxuntas para previr os lumes e loitar contra a actividade delictiva incendiaria.

Ademais presentáronse os medios na presente campaña, que se prolongará ata o vindeiro 30 de setembro, e a competencia que terá cada un deles a través do Plan de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia, Pladiga 2014.

O encontro foi presidido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e polo delegado territorial da Xunta, Rogelio Martínez. Ambos subliñaron a importancia de manter a coordinación entre as distintas administracións nas actuacións que se levarán a cabo nesta materia de cara a lograr “un cambio de comportamento social para reducir os danos medioambientais producidos polos lumes forestais”.

Segundo Rogelio Martínez, o dispositivo de loita contra incendios previsto este ano na provincia ourensá é similar, en liñas xerais, ao do pasado exercicio en canto a número de efectivos. Así, este dispositivo estará formado polas brigadas autonómicas e municipais, os parques de bombeiros, a Unidade Militar de Emerxencias (UME), os grupos de emerxencia supramunicipal (GES). A estes medios hai que engadir os membros da Garda Civil do Seprona, a Policía Autonómica e Nacional, e membros dos equipos de investigación.

Nesta xuntanza tamén participaron membros da Xefatura Territorial de Medio Ambiente, representantes da Subdelegación do Goberno, Fiscalía do Medio Ambiente, e responsables da Policía Autonómica e Nacional e da Garda Civil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button