EconomíaEconomíaÚltima hora

Reunión da IXP Castaña de Galicia coa Asociación Galega das Castañas e dos Soutos

Representantes da IXP Castaña de Galicia e da Asociación Galega das Castañas e dos Soutos./ Cedida.

 

Neste xoves tiña lugar unha xuntanza entre o presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Jesús Quintá, o secretario da entidade, Manuel L. Vilariño, con membros da directiva da nova Asociación Galega das Castañas e dos Soutos, cuns 60 asociados no conxunto da comunidade.

No decurso do encontro poñíanse en común iniciativas de cara a potenciar o sector da castaña galega e tamén se buscaba sentar as bases de futuras colaboracións co fin de poñer en valor este produto, que consideran un dos sinais de identidade galegos. A reunión tiña lugar na empresa Alibós en Monterroso (Lugo), onde os membros da asociación facían un percorrido polas súas instalacións, vendo todo o proceso que segue a castaña dende que chega a esta industria e, despois, a súa transformación ata chegar ao mercado.

 

Back to top button