ConcellosÚltima hora

Reunión da Xunta coa directiva da Fegamp

Un dos momentos do encontro en Santiago.
Un dos momentos do encontro en Santiago.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, mantiñan o 15 de outubro un encontro cunha representación da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Na reunión participaban o vicepresidente primeiro da Fegamp e alcalde do Barco, Alfredo García; o vicepresidente segundo e alcalde de Allariz, Francisco García; e o vicepresidente executivo da entidade municipalista, Alfonso Villares. Ademais, por parte da Xunta asistían na reunión o director xeral de Administración Local, Alberto Pazos; e o director xeral de Planificación e Orzamentos, Miguel Corgos.

Participantes na reunión entre representantes da Fegamp e da Xunta.
Participantes na reunión entre representantes da Fegamp e da Xunta.

Durante a xuntanza os responsables autonómicos trasladábanlles que nos orzamentos para 2016, que serán aprobados polo Consello da Xunta o vindeiro 19 de outubro, “vaise poñer en marcha un novo fondo especial para o fomento das fusións entre os concellos galegos, que estará dotado con 2,2 millóns de euros”, segundo informa a Consellería de Facenda. A Administración autonómica tamén prevé incrementar o Fondo de Cooperación Local en 2016 respecto ao actual exercicio.

Artigos relacionados

Back to top button