ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Reunión do alcalde de San Xoán de Río co presidente da Xunta de Galicia

Durante o encontro abordábanse, entre outras cuestións, proxectos relacionados coas novas tecnoloxías e coa intelixencia artificial

O alcalde de Río, Xosé Miguel Pérez, na reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez.

 

A primeira hora da mañá deste luns o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez Blecua, mantiña unha reunión co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na cal se abordaban, principalmente, cuestións relacionadas coas novas tecnoloxías e coa intelixencia artificial, tal e como explica o rexedor.

Tamén se tocaban proxectos, en materia de infraestruturas e de ordenamento territorial, de maior interese para o municipio. En materia de augas, Feijóo trasladoulle ao alcalde que será un dos seis concellos nos que se elaborará un Plan de abastecemento autónomo para facilitar que dispoña de información sobre o nivel de garantía de abastecemento de auga fóra das súas redes municipais e conte cun instrumento básico para planificar e priorizar as accións de mellora neste ámbito. Sobre este punto, avanzou que os traballos comezaron neste mes de xullo, estando previsto que rematen a finais do próximo ano.

Durante o encontro tamén avaliaron a tramitación do Plan básico municipal, que está en curso e o converterá o municipio nun dos primeiros 9 en contar con esta ferramenta de ordenación. Nestes momentos, tal e como avanzou o titular do goberno galego, tras a súa aprobación inicial en marzo, estase traballando na avaliación das alegacións presentadas para a súa integración, así como en dar resposta os requirimentos dos informes desfavorables ou favorables condicionados.

 

Outro dos momentos do encontro.

Artigos relacionados

Back to top button