Eleccións municipais 2023PolíticaÚltima hora

Reunión do cabeza de lista do PP de Trives coa conselleira de Política Social

 

A conselleira de Política Social, Fabiola García, desprazábase ata Trives na mañá deste 17 de maio para manter unha reunión co candidato do PP á alcaldía da Pobra de Trives, Roberto González, e coa súa lista. Segundo sinala Roberto González, a conselleira confirmaba que “serán efectivos os anteproxectos presentados estes 3 últimos anos ante a institución”.

Ademais, o cabeza de lista popular en Trives segura que “en canto a residencia de maiores, faremos a reforma integral do edificio, unha mellora da xestión mantendo os postos de traballo incluso facendo novas contratacións, o acondicionamento e mellora da zona exterior para práctica de actividades lúdico-deportivas”.

Tamén apunta Roberto González que no referente ao complexo sociosanitario plantexan levar adiante unha “reforma integral do Centro de Saúde” e na planta baixa do mesmo crear un “recurso de atención diurna (8h/día con transporte) e totalmente gratuíto para as persoas maiores”.

Fabiola García percorría a vila de Trives, compañada pola candidatura popular, e tamén saúdaba e intercambiaba conversas coa veciñanza.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button