OurenseÚltima hora

Reunión do presidente da Deputación con representantes de Ibredrola en Galicia

Manuel Baltar mantivo un encontro co director das centrais hidroeléctricas de Iberdrola en Galicia, Miguel Ángel López, e co delegado da compañía nesta comunidade, Francisco Silva

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro na Sala de Xuntas do Pazo Provincial co delegado de Iberdrola en Galicia, Francisco Silva, e co director das centrais hidroeléctricas de Iberdrola en Galicia, o valdeorrés Miguel Ángel López.

Na reunión abordouse a actual situación dos encoros xestionados por Iberdrola na provincia de Ourense -despois dun inverno chuvioso ata xaneiro, explicaron-, sinalando os directivos que as reservas hídricas están nestes momentos no 77%, un nivel moi superior o existente no 2022 por estas mesmas datas (37%), destacando a importancia que isto supón en zonas de alto valor natural coma a propia Ribeira Sacra e outros puntos da provincia de Ourense.

Dentro do compromiso da Deputación cos recursos naturais de Ourense, o goberno provincial e Iberdrola abren un canal de comunicación para a coordinación e o exame de cuestións coma o establecemento de futuras liñas de colaboración que redunden no beneficio da provincia.

Pola súa banda, dende Iberdrola lembran que “o uso hidroeléctrico xoga un importante papel na cobertura da demanda de electricidade e evita o uso de tecnoloxías máis caras e contaminantes”. A utilización da enerxía hidroeléctrica, resalta a empresa, “obedece ás regras de funcionamento do mercado de electricidade e está sempre condicionado ao respecto de todos os condicionantes ambientais e de usos concesionais en cada encoro”.

Artigos relacionados

Back to top button