
O Concello de Ribadavia saca adiante unha liña de axudas para PEMES e autónomos co propósito de reactivar o tecido comercial e empresarial do municipio. Poderán solicitarse, por rexistro electrónico ou presencial, entre os días 3 e 23 de xullo de 2020.
A liña conta cunha dotación total de 120.000€ e cada beneficiario poderá optar ata un máximo de 600€ atendendo a certos criterios de progresividade específicos que se establecen nas bases da convocatoria. Entre os requisitos para a súa solicitude atópase a obrigatoriedade de estar censado en Ribadavia e que tanto o domicilio fiscal como o desenvolvemento empresarial se atopen dentro do termo municipal.
O anuncio publícase hoxe, xoves 2 de xullo, no Boletín Oficial da Provincia e toda información relativa a estas novas axudas municipais poderá consultarse na web municipal de Ribadavia.