EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Ribeiro, a D.O. española que máis Grandes Ouros recibe nos Premios Baco 2022

Lográronse un total de 13 medallas: cinco Gran Baco de Ouro, seis Baco de Ouro e dous Baco de Prata

Cedida.

 

A Denominación de Orixe Ribeiro continúa a súa recolección de galardóns premiando a súa alta calidade, nesta ocasión, o concurso de viños Premios Baco outorgou un total de 13 medallas aos viños da última colleita, a 2022, da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia. Cinco Grandes Bacos de Ouro, seis Bacos de Ouro e dous Bacos de Prata.

Os viños Canción de Elisa, Vilerma, Divino Rei, Catro Parroquias Treixadura e Terra Minei recibiron o Gran Baco de Ouro, “feito que converte á D.O. Ribeiro na que máis galardóns deste tipo logra de todo España”, destacan dende o seu consello regulador. Así mesmo, o viño Canción de Elisa foi seleccionado como o Mellor Viño Branco do Certame, unha distinción que recibe tras obter a puntuación máis alta de todos os viños brancos catados.

Doutra banda, outorgáronlle o Baco de Ouro ás referencias vinícolas: Manuel Vermello, Sameirás, Colección 68, Son de Arrieiro, Mónica Albor “Mencía, Sousón, Caíño tinto” e Ramón do Casar Nobre. Por último, nos viños Cunqueiro III Milenium e Pingas de Mar Godello Barrica recaeu o galardón de Baco de Prata.

Os galardóns Grandes Bacos de Ouro, Bacos de Ouro e Bacos de Prata son outorgados polos cincuenta xurados, todos eles membros da Unión Española de Catadores, que avaliaron en estrita cata a cegas a totalidade de viños participantes. Medallas de indiscutible valor promocional para os mellores viños novos de España.

Artigos relacionados

Back to top button