EconomíaEconomía

Gran acollida na presentación dos viños da D.O. Valdeorras en Madrid

 

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras vén de presentar neste 8 de maio os seus viños en Madrid ante un público de excepción. Catadores de varios dos restaurantes ou viñotecas máis prestixiosos da capital, e algúns dos xornalistas especializados máis coñecidos, enchían o salón do Hotel Iberostar As Letras da Gran Vía, para asistir ao evento organizado pola D.O.

Entre os asistentes atopábanse representantes de medios e portais do sector como Peñín, Planeta Vino, Vinoselección, Radio Nacional, Mi Vino, Bodeboca ou Vivir el Vino; así como sumilleres de locais de gran prestixio como o Restaurante Zalacaín, Vinoteca Angelita, Restaurante Robuchón, Grupo Paraguas, Restaurante El gran clavel, Vinology ou Restaurante Caíno, entre outros.

 

 

Cata de viños singulares de Valdeorras

O director técnico e o presidente do Consello Regulador, Jorge Mazaira e José Ramón Rodríguez, presentaron as características principais do territorio amparado e as súas variedades, antes de dar paso á cata dunha selección de viños singulares de Valdeorras. A maioría dos presentes encomiaron a gran calidade dos brancos e tintos que probaron, ademais de destacar que lles sorprenderon as diferentes personalidades que descubriron en cada referencia.

 

Artigos relacionados

Back to top button