ConcellosSan Xoán de RíoÚltima hora

Río, en festas polo San Xoán

 

Do 23 ao 25 de xuño a localidade de Río celebrará as festas de San Xoán. O programa encetábase onte con pregón (a cargo de Juanki de Protección Civil), seguido dunha actuación do grupo de ximnasia de San Xoán de Río. Despois, ás 21h. as sardiñas asadas convertíanse tamén en protagonistas na celebración, así como a panceta, mentres soaban os Bertolini e se facían as tradicionais fogatas de San Xoán e a queimada. A noite remataba cunha sesión de Dj’s.

 

 

Este sábado continuará a programa festivo coa referencia, ás 12:30h., da procesión e mimisa solemne na honra de San Xoán, entre outros actos lúdicos e musicais.

A organización está en mans da Asociación RíoMola.

Fotos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button