Concellos

Riós contará cunha nova captación de augas valorada en 350.000 euros

Augas de Galicia licitará a obra coa previsión de que se inicie este mesmo ano
Un momento da sinatura do convenio entre Mato e Domínguez, esta mañá na Xunta.
Un momento da sinatura do convenio entre Mato e Domínguez, esta mañá na Xunta.

O alcalde do Concello de Riós, Miguel Adolfo Domínguez, vén de asinar un convenio de colaboración coa conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, para selar o compromiso por parte do goberno autonómico de levar a cabo a construcción dunha nova captación de augas en Vendas da Barreira. A infraestrutura hidráulica contará cun orzamento de case 350.000 euros e, tras a firma do acordo, Augas de Galicia procederá a licitar a obra co obxectivo de que se inicie este mesmo ano.

A vila está actualmente abastecéndose dende o depósito xeral de Vendas da Barreira, alimentado polo bombeo dea uga situado no río Mente. Neste contexto, as obras consistirán na execución dunha nova captació nde auga e as conexións necesarias para permitir o transporte da mesma por gravidade, dende os nacentes dun afluente do río onde actualmente se capta. O novo servizo beneficiará a unha poboación de 1.800 habitantes.

As actuacións tamén inclúen unha intervención na rede xeral. Instalarase unha tubaxe dende o depósito-arqueta de reunión até o punto de conexión na rede actual, no cruce co Río Mente.

Artigos relacionados

Back to top button