ConcellosEspecial Cristo 2016Galerías de fotosÚltima hora

A ritmo de karaoke no Día das Pandillas do Barco

Membros de cinco peñas xuntábanse na zona food trucks do Barco no marco das Festas do Cristo

Dende os temas máis populares como “Un beso y una flor” de Nino Bravo ata outras menos coñecidos como “Mi pueblo blanco” de Joan Manuel Serrat. Cinco mil cancións eran as propostas do karaoke coas que contaban os asistentes á festa organizada con motivo do Día das Pandillas, no marco das Festas do Cristo do Barco de Valdeorras 2016.

Este ano, en lugar do sábado era o domingo, 11 de setembro cando se convocaban ás peñas do Barco a xuntarse e saír de festa. O lugar, o Malecón barquense á beira do río Sil, o entorno no que tamén se dan cita as food trucks (furgonetas de comida) que están participando no encontro “Rilla no Barco”.

Coas propostas culinarias e de bebidas das food trucks, e a música do karaoke, pouco a pouco íanse animando os membros das cinco pandillas asistentes: Saldoira, Casas Baratas, Muro do Malecón, Calabagueiros e PX. Primeiro eran os membros da charanga Pándega os que rompían o xeo, botando man do micrófono para interpretar algún dos temas. Máis tarde, eran os membros das propias peñas os que se animaban a dar o cante nun caluroso mediodía de setembro.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button