CulturaCulturaÚltima hora

Roberto Álvarez: “Gústame moito como forma de traballo a experimentación e a improvisación”

Este artista amosa unha selección da súa obra na exposición "2017/23" que se inauguraba esta tarde no Casino do Barco

 

Dende colaxe e pintura en acrílico sobre lenzo ou sobre aerosol ata cadros con técnicas mixtas. O artista Roberto Álvarez Gómez vén de inaugurar no Casino do Barco neste venres 7 de xullo a exposición “Traballos: 2017/2023”. “É unha escolma de traballos que comecei no ano 2017 e que rematei agora, que é cando pecho esta etapa e se identifican estes diferentes proxectos coa idea de que tiña que atopar o meu propio estilo”, explica o autor.

 

 

Os medios máis utilizados para plasmar as súas ideas son a pintura abastracta e o debuxo. E a súa obra ata actualidade móvense en diversos estilos como a arte pop, conceptual ou o surrealismo, ademais das vangardas en xeral. “O que me gusta moito como forma de traballar é a experimentación e a improvisación”, comenta Roberto Álvarez.

Esta mostra pode visitarse de venres a domingo no mes de xullo (agás o fin de semana do 14 ao 16 de xullo) en horario de 19:30h. a 21:30h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button