OurenseÚltima hora

Rocío Verdejo expón na galería de arte Marisa Mariñón de Ourense

Dentro do Outono Fotográfico, a mostra permanecerá aberta ata o 17 de xaneiro
Cojin de huesos, 2011 de Rocío Verdejo.
Cojin de huesos, 2011 de Rocío Verdejo.

A galería Marisa Marimón cumpre 20 anos e faino estreando un novo espazo na rúa Benito Vicetto, 5 de Ourense, que acollerá a exposición “Las matemáticas de Dios no son exactas” de Rocío Verdejo (Granada, 1982). A inauguración será o venres 14 de novembro ás 20h. e permanecerá aberta ata o 17 de xaneiro de 2015.

A mostra de fotografías desta serie de Rocío Verdejo, incluída no Outono Fotográfico, “achéganos a unha colección de imaxes nas que se encontran vivos e mortos” explican dende a galería. “Esceas que poñen de manifiesto un catálogo de emocións e medos universalmente compartidos ante a incerta promesa cristiá da vida eterna e que se traduce no terror de pensar que todo acaba aquí” engaden.

En relación ao contido, existe un choque sorpresivo entre a beleza e harmonía do escenario fotografado, e o terrible dende o punto de vista sentimental que se representa, de aí que o impacto visual, dé lugar “a unha obra de alto contido poético”. As fotografías están inspiradas en recordos e vivencias da artista, pero á vez relacionadas con referentes da historia da arte e da fotografía “compartindo un aire dos 60 na súa estética, pero á vez, o seu cromatismo fai que a imaxe resulte máis contemporánea e con toques cinematográficos” conclúen dende a sala de arte.

Artigos relacionados

Back to top button