ConcellosPetínÚltima hora

Rodado en Petín un vídeo para participar no Concurso Universitario “Adiccións. O teu punto de mira”

Fotograma do vídeo rodado en Petín.

 

Tío que solo es un euro. Ese é o título da proposta de Andrea Bahía Pérez e Desirée Bembibre Álvarez, estudantes da Universidade de Vigo, para participar no 10° Concurso Universitario de Vídeos “Adiccións. O teu punto de mira”.

Trátase dun vídeo grabado en diferentes localizacións do Concello de Petín, sobradamente na Casa da Cultura, que fala sobre a adición ás apostas, especialmente ás deportivas.

O concurso universitario de clipmetraxes de prevención de risgos derivados do consumo de drogas e outras condutas adictivaentre estudantes universitarios, está organizado pola Asociación PDS-Promoción y Desarrollo Social no marco do programa “Tu Punto”, e financiado pola Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre drogas. A participación estará aberta ata o 21 de maio e repartiranse seis premios entre 500 e 1.200 euros.

O vídeo pode verse no seguinte enlace: https://www.tupunto.org/concurso-2021-tio-que-solo-es-un-euro/?fbclid=IwAR3XQSDD0fkIUXP48lF5Ns_uRdZxyhXyH9PX0YVgNRD_jLr8tXar3EDAEaA

Artigos relacionados

Back to top button