CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Románico e saxofóns, na segunda proposta do ciclo “De Perto” no Barco

O Ensemble de saxofóns do Conservatorio e da Escola de Música barquense actuaba o 7 de xuño na igrexa de San Miguel de Xagoaza

Entre as paredes da igrexa románica de San Miguel de Xagoaza, ao carón do mosteiro, soaban na tarde do 7 de xuño as melodías do Ensemble de Saxofóns do Conservatorio e da Escola de Música do Barco, que dirixe Manuel Prada Ramos. Esta era a segunda actuación da sétima edición do ciclo “De Perto”.

O concerto, que se iniciaba coa banda sonora de “A vida é bela” (Nicola Piovani/ arranxos de Tomás Bria), incluía unha decena de pezas de moi variados estilos e épocas entre as que tamén figuraban: “Tango en saxo” (Juan José Martín-Tadeo Garoz), “Misty” (Errol Garne), “Viva la vida” (Cold Play), “All by Myself” (Céline Dion/ arranxos Alain Crepin), “Dúo concertante Op. 55” de J.B. Singelée (interpretado por Joaquín Arias Delgado e Inés Docampo Gamarra), “Bohemian Rapsody” (Queen con arranxos de Brian Hernández), a banda sonora de “Piratas del Caribe”, “Hallelujah” (Leonard Cohen con arranxos de Ethan Lao) ou “Little boy lost” (Michel Legrand con arranxos de Calvin Custer).

 

 

 

O Ensemble de saxofóns está formado por saxos sopranos (Joaquín Arias Delgado, Sabela Fernández Mon e Mauro Docampo Gacio, clarinete), saxos altos (Inés Docampo Gamarra, Noa León Rodríguez, Alicia Trincado Rodríguez, Uxía Asunçao Álvarez e Aldara Vázquez Delgado), saxos tenores (Claudia González García e Lucía Fernández Grande), saxo barítono (Julio Jesús Sández Escribano). Nesta ocasión tamén o acompañaban a batería de Nicolás Martínez Mallo, o baixo eléctrico de Carlota Delgado González e ao piano de José Romero Cid.

O ciclo “De Perto” continuará o vindeiro venres 14 de xuño coa actuación do Orfeón Valdeorrés ás 20:30h. na igrexa de Santa María de Vilanova.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

 

Artigos relacionados

Back to top button