ConcellosÚltima hora

Romaría do Cristo da Ascensión, o 8 de agosto en Prada

O programa inclúe a misa e procesión, xantar, baile e actividades complementarias
Santuario do Cristo da Ascensión de Prada. /Foto: Carlos G. Hervella.
Santuario do Cristo da Ascensión de Prada. /Foto: Carlos G. Hervella.

Co fin de organizar unha festa no verán á que podan asistir os emigrantes que volven á vila durante as vacacións, e ao mesmo tempo conservar o patrimonio cultural do pobo, nacia hai nove anos a Asociación Cultural de Prada.

Así pois, un ano máis o vindeiro sábado 8 de agosto celebrarán unha romaría no Santuario do Cristo da Ascensión que malia o seu valor arquitectónico, presenta desperfectos ocasionados por un raio. Ese día os actos comezarán ás 12:30h. coa misa solemne e procesión, para continuar con degustación de polbo á feira e empanada (repartiranse os bonos aos socios que deberán recollelos nos días previos). Xa pola tarde a partires das 19h. haberá xogos infantís, piñata e xogo dos bolos e en torno ás 20h. festa rachada e verbena a cargo da orquestra Sabor Latino, con bica e queimada a partires da unha da madrugada.

Asistentes á romaría de Prada hai uns anos. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á romaría de Prada hai uns anos. /Foto: Carlos G. Hervella.

Ao día seguinte, domingo 9 de agosto ás 12h. celebrarase a asemblea de socios coa aprobación das contas do ano 2014-2015, do presuposto para o exercicio 2015-2016, rogos e preguntas.

O programa completarase cun partido de fútbol para todo aquel que queira participar, o venres día 7 a partires das 12h. e sesións de cine, o 10 e o 11 infantil e xuvenil ás 12h. e o 12 para tódolos públicos ás 22h.

Artigos relacionados

Back to top button