A GudiñaConcellosEntroido 2023Última horaVídeosVilariño de Conso

Ronda da Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso en Carracedo da Serra

 

O toque do folión das terras de Vilariño de Conso soaba na noite de onte, sábado 28 de xaneiro, en Carracedo da Serra (A Gudiña). A Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño visitaba esta aldea na ronda de intercambios que está a realizar nestas datas previas aos días grandes do Entroido.

Á entrada da localidade, dous Boteiros solicitaban en verso o permiso para poder tocar, tal e como manda a tradición: “Das terras de Vilariño/ aquí vén unha representación/ bombos e gadañas/ o son do fulión. (…) E pedimos o permiso/ para as calles rodar/ e pasalo ben entre todos/ a cuestión é non se mancar”.

O representante de Carracedo dáballes, tamén en verso, licencia para tocar: “Boas noites Vilariño/ e xestiña do folión/ o noso humilde pobo/ rebosa de ilusión/ por recibir a grandes amigos/ e tocar o folión (…). Comecemos a tocar/ que é tontería esperar/ xa tedes o permiso/ para poder desfilar”.

 

 

Así mesmo, nese intercambio de versos Vilariño convidaba a Carracedo a participar o vindeiro 18 de febreiro no desfile de folións desta vila, algo que tamén aceptaba este pobo visitado.

Tras os versos, soaba o ritmo de bombos e aixadas do folión de Vilariño polas rúas de Carracedo, que tamén se unía co seu folión e Boteiros aos visitantes nunha ronda que finalizaba cunha cea de confraternidade.

Fotos e vídeo cedidos.

Artigos relacionados

Back to top button