ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa aproba un presuposto de case 3 millóns de euros

Na tarde do 1 de xuño tiña lugar o último pleno ordinario de María González Albert como alcaldesa

Coa abstención dos cinco membros do Partido Popular e os seis votos do equipo de goberno (BNG e PSOE), o pleno da Rúa aprobaba, na tarde do 1 de maio, un presuposto de algo máis de 2,8 millóns de euros, algo superior ao anterior exercicio. Dende a oposición, o popular Avelino García Ferradal, xustificou a abstención na escasa cantidade destinada a investimento e tamén ao verán cultural, lamentando a ausencia dunha partida para frear o vandalismo as fins de semana, e  criticando o pouco gasto nos barrios ou a ausencia de partida para a captación de auga da Rúa, Petín e Larouco, entre outras.

O dos presupostos, foi o único punto do orde do día que non contou co respaldo unánime dos tres grupos políticos que apoiaron incluso a moción do PS de G-PSOE sobre a “urxente reparación e reafirmado integral da calzada da estrada N-120 entre o líumite da provicnia de León e o P.K. 30 (Cadabal-Lugo”, unha moción que tamén insta ao goberno a buscar zonas de adiantamento entre Sober e Ourense “a liña continua en case todo ese tramo ralentiza o traslado dos veciños á capital”, en palabras do socialista Luis Fernández Gudiña.

O pleno, que durou apenas unha hora, foi o último ordinario de María González Albert como alcaldesa. No seguinte, de carácter extraordinario, emitirá a súa renuncia despois de dous anos no goberno local. E xa o 24 de xuño, Luis Fernández Gudiña tomará o relevo como alcalde da Rúa durante os dous vindeiros anos, tal como asinaran no pacto de goberno tralas eleccións de 2015.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button