En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa pecha unha intensa fin de semana de festas

Hoxe, luns 7 de agosto, celébrase a Feira do Ano en Fontei

Dende o mércores día 2 ata hoxe, luns día 7 de agosto, A Rúa celebrou por todo o alto as súas festas grandes, as de verán. Seis días nos que veciños e visitantes puderon desfrutar dun amplo e variado programa para todas as idades e gustos.

Dende o Encontro de Pinchadiscos na rúa Doutor Vila ata o Día de Feira en Fontei coa actuación da Banda de Música de Noia, a música estivo presente todos os días, con pasarrúas das charangas O Equipo B e Terras do Bibei durante o día;  e as orquestras La Última Legión, Palladium, Gran Parada e Marbella, xa pola noite.

O deporte tamén estivo presente co torneo de tenis, os campionatos de golf rústico e volei praia, o triangular de fútbol de veteranos e a milla nocturna. Sen esquecer aos máis pequenos que dispuxeron de inchábeis no antigo campo de fútbol e tamén nas piscinas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button