ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Rúa súmase ao Samaín

O Concello organizaba unha festa infantil na Casa da Cultura

Fantasmagóricas cabazas, arañas, esqueletes, teas de araña, globos de cores,… Cunha “terrorífica” decoración se atopaban os cativos da Rúa que na tarde do sábado 29 de outubro asistían á Casa da Cultura. Alí, vestidos con todo tipo de disfraces (de zombi, de esquelete, de pantasma e tamén de súper heroe), os activos participaban na festa do Samaín organizada polo Concello.

Con animación musical, xogos, maquillaxe de efectos e globofexia, os nenos pasaron a tarde.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button