ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá abrirá esta fin de semana o seu “Mercadiño Navideño”

 

Un ano máis Rubiá dará a benvida ao Nadal esta fin de semana co seu particular mercadiño, instalado nunha carpa na praza do Concello, no que haberá artesanía, agasallos, doces e moitas sorpresas.

A inauguración será o sábado día 2 de decembro ás 16 horas e estará aberto ata as 20 horas. Ese día, cara as sete da tarde haberá chocolatada para os asistentes.

O domingo día 3 de decembro o horario de apertura será de 12 a 14 e de 16 a 20 horas e en torno ás sete haberá magosto con chourizo, pan e bullós.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button