ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá non celebrará este ano a representación vivente da Paixón na tarde do Venres Santo

Imaxe da Paixón en Rubiá hai dous anos./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Aínda que inicialmente estaba prevista, finalmente este ano non se celebrará a representación vivente da Paixón na tarde do Venres Santo na parroquia de Rubiá.

Dende hai anos os veciños desta localidade valdeorresa, coa colaboración de xente doutros concellos veciños, escenifican a Paixón de Cristo, o acto máis representativo e multitudinario da Semana Santa en Rubiá e a primeira parte dos cultos da xornada. Dende a oración no Monte dos Olivos, o xuízo e a condea a morte, ata a cricifixión e o traslado ao Sepulcro. Paso a paso, o medio cento de actores percorren boa parte da vila, dende a praza da Baicela, representanto cada unha das estacións que levaron a Cristo coa cruz ás costas, polo camiño do Calvario ata a crucifixión e traslado á sepultura a carón da igrexa.

O ano pasado, a intensa chuvia e o vento obrigaban a realizar a representación no pavillón polideportivo da vila e neste 2025, tal como vén de confirmar o sacerdote que se encarga da parroquia, Jesús Álvarez, non se fará ao fallarlle o actor principal. “A súa recente paternidade impídelle poder asistir este ano aínda que nos prometeu que o ano que vén aquí estará”, asegura.

 

Imaxe da Paixón en Rubiá hai dous anos./ Foto: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button