ConcellosRubiáÚltima hora

Rubiá tamén convocará un pleno para pedir a declaración de zona catastrófica polo incendio

 

Unha das casas da Veiga de Cascallá (Rubiá), que ardían no incendio./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Ante a devastación que está deixando en Rubiá o incendio forestal que afecta a Valdeorras, o seu tenente de alcalde e alcalde en funcións, Ignacio Doce Franco, vén de anunciar que en breve vai convocar unha sesión plenaria extraordinaria para pedir a declaración de “zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil”.

“O pleno convocarase en canto o secretario teña a documentación tramitada, podería ser mañá ou pasado”, sinala Ignacio Doce.

Artigos relacionados

Back to top button