Por primeira vez os nenos de Rubiá terán o seu Campamento de Nadal. “Si hai campamentos de verán pero este nunca de facía”, asegura Ana Lucía Real, educadora e monitora que levará o proxecto xunto á súa compañeira Selene González. “Facémolo con moitas ganas e ilusión”, di Ana que ten experiencia neste tipo de iniciativas, explicando que contan coa colaboración da empresa Ocio Eventos e do Concello.
O campamento desenvolverase do 23 de decembro ao 3 de xaneiro na Casa da Cultura de Rubiá, en horario de 10 a 13 horas e con servizo de garda ás 9 horas e ata as 14 horas.
O prezo é de 30 euros (bono completo) pero ofrecen a posibilidade de anotarse por días soltos cun prezo de 8 euros por día, podendo escoller a actividade á que queiran asistir: cociña, xogos arcade, scape room, obradoiros de manualidades, festas,… e que irán publicando nas redes sociais (Facebook; Instagram: campamento_infantil_) cada día “para que todos poidan ver e escoller ás que queiran asistir”.