CarballedaConcellosÚltima hora

Rueda visita a estrada de Casaio a Riodolas (Carballeda de Valdeorras), que vén de ser mellorada

 

Despois de visitar un viñedo barquense e a sede da Cooperativa Jesús Nazareno, no Barco, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, desprazábase ata o veciño concello deCarballeda de Valdeorras. Alí, acompañado entre outras autoridades, pola alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, e polo presidente da Deputación Luis Menor; mantiña unha reunión con veciños e tamén con representantes do Clúster da Pizrra de Galicia. Ademais, coñecía sobre o terreo, os resultados dos traballos que se acometeron na estrada de Casoio a Riodolas e que contaron con financiamento do Fondo de Cooperación Local da Xunta.

Tal e como destacou o titular do Goberno galego, o acondicionamento desta vía foi considerado “un proxecto estratéxico xa que dá servizo a 25 explotacións activas de extracción e elaboración de lousa, un sector fundamental para a comarca, a provincia e para toda Galicia”. A actuación foi financiada ao 50% entre a Administración autonómica e o Concello de Carballeda.

 

Back to top button