Dentro do Proxecto de Deporte e Sostibilidade que realizan no Colexio Divina Pastora do Barco e cuxa base é o desenvolvemento dos obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ao longo do curso levan a cabo diferentes actividades.
Unha delas, realizada na tarde deste xoves 23 de marzo é unha ruta en bicicleta pola comarca de Valdeorras cos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Saíndo dende o colexio a ruta pasou por Viloira, Arnado e Vilamartín regresando de novo ao centro educativo, pasando “unha tarde diferente na que fomentamos o deporte, os hábitos saudables e a convivencia entre diferentes cursos e familias que acompañaron aos alumnos/as”, aseguran dende o colexio que agradece a colaboración da Policía Local, Garda Civil de Tráfico, GES Valdeorras, “o señor alcalde por prestarse a colaborar con nós e tamén aos pais e nais que colaboraron acompañándonos ao longo do percorrido”.
Fotos e vídeo cedidos.