CulturaCulturaÚltima hora

Ruta “Entre a ribeira do Cabe e do Sil”, o 4 de decembro

 

O vindeiro domingo 4 de decembro a Asociación Segredos de Pantón, en colaboración coa Asociación Cultural O Colado do Vento, organizará unha ruta na que se percorrerán diversos puntos da parroquia de San Xoán de Frontón, “onde descubriremos A Chaira e A Estación. Logo cruzaremos o río Cabe e desfrutaremos de descubrir a capela da Barca, a propia aldea e as súas lendas. Por último iremos ata Nogueira de Ramuín para coñecer o misterioso e histórico lugar de San Miguel do Canar”, adiantan dende a organización.

 

 

O punto de encontro será na Chaira (Frontón) ás 10 h. O custo da actividade será de 2 euros/persoa. Os interesados poden inscribirse por correo en segredosdepanton@gmail.com, no 662 669 223 (Lucas Vázquez) ou a través de Instagram ou Facebook.

Ademais para tódalas persoas “que queiran, trala ruta iremos xantar á parrillada o Regato (Canaval)”, sinalan os organizadores.

Artigos relacionados

Back to top button