ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Ruta gastrocultural e concerto folk, o 24 de xullo en Viana do Bolo

 

O vindeiro sábado 24 de xullo a Asociación de Veciños do Cabo da Vila en colaboración co Concello de Viana do Bolo organizará unha ruta enogastronómica polos arredores do Castelo desta localidade. As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata esgotar prazas ou ben ata o xoves 22 de xullo ás 14h no teléfono 988 32 92 60.

Ademais, ese mesmo día a partir das 23h. os arredores da torre da homenaxe de Viana convertiranse en escenario dunha nova actuación do festival “Castelo Son”, desta volta será o grupo Brañas Folk.

Artigos relacionados

Back to top button