ConcellosÚltima hora

“Ruta pola Memoria Antifranquista de Valdeorras”, o 8 de outubro

Esta iniciativa será organizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria HIstórica (CRMH) da Coruña, en colaboración co Ateneo Republicano de Valdeorras

 

O próximo día 8 de outubro a Comisión pola Recuperación da Memoria HIstórica (CRMH) da Coruña, en colaboración co Ateneo Republicano de Valdeorras, organizará unha “Ruta pola Memoria Antifranquista de Valdeorras”.

Os participantes partirán, en autobús, da Coruña ás 8:45h.  do sábado 8 de outubro dende Catro Camiños (fronte á Igrexa de San Pedro de Mezonzo) e a súa chegada ao Barco está prevista para as 11:30h., onde se recollerará aos membros do Ateneo Republicano Valdeorrés.

 

 

“Faremos un roteiro por polos lugares sinificativos da memoria dos asasinados polo franquismo finalizando no monumento aos represaliados, no Barco, coa colocación dun ramo de honra. Cada parada será comentada e historiada por compañeirosde ARP, historiadorese veciños”, segundo os membros da organización.

Despois do xantar (cun custo aproximado de 13/15 euros) está prevista unha visita á adega Alan do Val, na Rúa, con cata de viñose merenda de confraternización, e posterior retorno con saida do Barco sobre as 7/8.O transporte en bus corre a carrego da CRMH. O teléfono de contacto para anotarse é 698 16 51 22 (Emilio).

Artigos relacionados

Back to top button