ConcellosÚltima hora

Saboreando os clásicos coa recoñecida pianista Sara Marianovich no Barco

Esta intérprete ofrecía un recital no Teatro Lauro Olmo na noite do 19 de novembro
Sara Marianovich durante o recital no Teatro Lauro Olmo./ Foto: A.R.
Sara Marianovich durante o recital no Teatro Lauro Olmo./ Foto: A.R.

Un auténtico agasallo para o público resultaba o recital que ofrecía no Barco a recoñecida pianista serbia Sara Marianovich na noite do 19 de novembro. De maneira exquisita e intensa interpretaba sobre o escenario do Teatro Lauro Olmo unha ducia de pezas de compositores clásicos europeos, entre os que cobraban protagonismo os españois.

A pianista recibindo os aplausos do público./ Foto: A.R.
A pianista recibindo os aplausos do público./ Foto: A.R.

O recital comezaba con “Pasacalle en Sol menor” de G.F. Händl, seguía con composicións de A. Scarlatti, F. Mendelssohn-Bartoldy e F. Chopin (entre elas a “Polonesa en Sol sostido menor Op. posth.”, de Liszt, Albéniz (“Asturias”), S. Rachmaninoff e Joaquín Rodrigo. Deste último autor, a quen coñeceu persoalmente, tocaba dous temas “Al’ombre de Torre Bermeja” e, xa nos bises, “Danza Valenciana”. A actuación concluía cun longo aplauso.

Este é o segundo recital que esta pianista ata agora residente no Barco ofrece nesta vila valdeorresa no que vai de outono. O anterior tiña lugar na Casa do Río Cigüeño.

Artigos relacionados

Back to top button