CulturaMúsicaÚltima hora

Sae á rúa unha nova versión de “Os segredos da gaita”

Esta é a sétima edición da obra de Xosé Lois Foxo editada en 1982
Presentación da nova edición do manual sobre a gaita.
Presentación da nova edición do manual sobre a gaita.

O manual “Os segredos da gaita” de Xosé Lois Foxo vén de ser actualizado coa publicación da sétima edición, nunha versión corrixida e ampliada promovida pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense, que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O gaiteiro e escritor presentaba a obra na mañá do 7 de abril nun acto celebrado na sede do Consello da Cultura Galega no que o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou o seu “labor de investigación, así como o traballo desenvolvido na Escola Provincial de Gaitas”. O acto contou asemade coa actuación dos gaiteiros Marco Foxo e Noelia Díaz.

Marco Foxo tocando durante a presentación.
Marco Foxo tocando durante a presentación.

A primeira edición da obra de “Os segredos da gaita” editouse en 1982 e ten sido traducida ao alemán, ao inglés, ao francés, ao xaponés, ao chinés e ao castelán. Esta nova edición, realiza un percorrido pola historia da gaita, polos seus persoeiros fundamentais, por algunhas das pezas musicais máis sobranceiras, así como polas técnicas do instrumento, e inclúe materiais audiovisuais.

Artigos relacionados

Back to top button